Non son moi partidario dos manifestos. Pero pego esto, porque un sinal do que está a ocurrer. Temo un privatización de campos da sanidade. Presaxio un sanatorio privado/público en Vigo coa súa Universidade de Mediciña (esto so é da miña colleita).
Copio e pego esta nota que me chega da Asociación Glega para a Defensa da Sanidade Pública.
Ante a nova de que o SERGAS, seguindo directrices da Conselleira de Sanidade, pretende deixar de proporcionar a pilula post-coital nos centros sanitarios da rede pública, alegando para elo que o Ministerio de Sanidade a porá a venda directa nas Farmacias, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere manifestar:
1.- Consideramos que a medida é negativa e lesiva para a saúde das mulleres gallegas, especialmente das máis xoves que son as principais usuarias deste medicamento co fin de poder reducir a alarmente cifra de embarazos non desexados nos adolescentes.
2.- Esta medida suporía impedir ou limitar o contacto entre as mulleres que a necesitan e os/as profesionais sanitarios, xa que a prescripción da mesma nos centros sanitarios públicos supon unha oportunidade para que as usuarias reciban información e a posibilidade de comenzar un tratamento anticonceptivo axeitado. A pilula post-coital nunca debería ser empregada como tratamento anticonceptivo, senon como unha medida que resolva circunstancialmente un risco de embarazo nunha relación coital.
3.- Creemos que esta medida amosa o carácter regresivo da nova administración sanitaria en materia de atención a muller, resultado da influenciada que exercen sobre a mesma os grupos de presión conservadora.
4.-Sabemos que o optimo é un icremento tanto nos niveis e culturais como de información sexual nos adolescentes tanto masculinos como femininos para acadar que o número de embarazos non desexados sexan unha minima excepción, pero este obxetivo optimo non entra en contradiccion co feito de que sexa preciso arbitrar diversas medidas entre as cales A DISPENSACION GRATUITA DA PILDORA POST-COITAL NOS CENTROS SANITARIOS é unha das mais efectivas e de feito as comunidades nas que tamén goberna o Partido Popular dispoñen desta prestación.
4,. Facemos un chamamento as organizacións profesionais, da mocidade e de mulleres para que se movilicen para esixir a nova administración sanitaria que manteña esta prestación, e desenvolva con decisión e vontade política o programa da muller nos centros sanitarios do sistema sanitario público, que leva implícito o tratamento anticonceptivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario