sábado, 19 de enero de 2008

Visita de control en A Coruña


Este mércores tocou outra revísión médica do trasplante en A Coruña. No inverno ou con mal tempo saímos de vispera, xa que o tempo pode ser malo, a máis de ser os días curtos. Efectivamente nesta ocasión tocou o temporal que azotou a Galicia e pegou forte nalgúns momentos.
A foto é o mércores pola tarde e xa calmara o temporal.
Estas visitas, na que pasamos toda a maña no Hospital Juan Canalejo (supoño que lle terán que cambiar o nome), e nas longas esperas intercambiamos opinións entre os trasplantados. Nesta ocasión estabamos 1 de Vigo de pouco máis de medio ano, outro de Coruña, máis ou menos o mesmo tempo, unha señora de Caldas de Reis (11 anos de trasplante), e un home de Quiroga (13 anos trasplantado). A relación cos ‘compañeiros’ é curiosa. Era a primeira vez que os coñecía, pero compartimos: medicación, tipo de vida, agradecemento ós donantes e ó equipo médico,.... e outras máis. Hai un apoio e comprensión superior ó de outras esperas en similares situacións. Formamos o que chamo a Asociación de Enfermos Crónicos, na que nos apoiamos sicolóxica e anímicamente.
A relación coa Doctora P. e coa enfermeira C.N. despois de dous anos empeza a estar por riba da relación normal, sobre todo con C.N. unha magnífica persoa e unha gran traballadora. Tamén a Doctora, pero o status da súa profesión parece dominar sobre a relación.
Noutra web xa teño escritos os agradecementos, que traerei para este blog. Esto lémbrame a folga dos médicos pola dedicación exclusiva (os que teñen privada queren cobrar o complemento igual que os que non a teñen), xa que esta doctora fai un horario na que a ves case todo o día (mañá e tarde).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Usas blogger. Xa me dirás como hai que facer para organizar as entradas por bloques temáticos. Xa sei que estás empezando pero controlas máis ca min. Desde hai un tempiño quería organizar a miña páxina pero son sabía a quen acudir. Mira por onde. ;)
Todo ben, supoño, na revisión, non?

Anónimo dijo...

Por certo, as explicacións clariñas (non sei inglés) e se fai falta imaxe ou tradutor simultáneo non te cortes.