lunes, 28 de enero de 2008

Eleccións e Educación

Estamos en fase electoral e xa comezou a poxa electoral. No que afecta ó meu eido de traballo, nos últimos anos houbo continuos cambios lexislativos e xa perdín a conta das revoltas legais e de deixei de actualizar a páxina.
Cada cambio supón diversas modificacións, por exemplo, de linguaxe (desto poden facer un traballo Peke e B, por exemplo, cambiamos actitudes, valores e normas por competencias básicas ) e unha baixada de nivel de coñecementos a impartir na aula (os alumnos cada vez saben máis cousas que aprenden fora da aula).
A lei que está agora en vigor (LOE aprobado polo PSOE), e nos seus desenvolvementos sinal que se obtén o título de ESO con dúas suspensas (non é opinable, é de feito), dito así non parece grave. Pero as materias que se chamen igual computan como unha. Dito doutro xeito. Un alumno coas 4 Matemáticas de ESO suspensas, e coas 4 Linguas Castelá, (vale outro exemplo Galego, Inglés), suman dúas suspensas, polo tanto, ten o título de ESO. Se non o cree lea a normativa.
Supoño que na seguinte reforma con non pegarlle ó profesor e ós compañeiros será suficiente.
Pero ademais dáse a circunstancia de que cada partido tócalle gobernar coa lexislación que fai o anterior, e o que fai e boicoteala e/ou paralizala.
Pois ben, en caso de cambio de partido de goberno, xa temos seguro outro cambio lexislativo e volta volver a empezar o círculo.
Parece un chiste pero non me fai gracia.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O das catro que computan por unha non o sabía. Como sigamos así polo mero feito de nacer xa se obteñen todos os títulos que fagan falta.