miércoles, 25 de junio de 2008

Innovación educativa -1-



Sr. José Luis Fernández Díaz, membro do Consello Escolar de Galicia
Vostede pode escribir como queira, como os rapaces novos coa linguaxe do móbil, pero se escribe como membro dun organismo oficial de Galicia, debe escribir nunha das dúas linguas oficiais de Galicia.
Vostede está inventando unha lingua ou comete moitas faltas de ortografía.
Supoño que vostede non estaría non tribunal sobre premios a innovación educativa, xa que eu presentei un proxecto, que no foi premiado. Pero escribindo o que di e como o di non é unha opinión moi representativa sobre significado de traballo a innovación educativa.
Penso que o que teríamos que premiar é o traballo, se é innovador e motivador mellor, pero hai algúns premios que concederon que ata resulta gracioso (a táboa de multiplicar cantada, que terá moito mérito menos o de innovador).
Pinchando na imaxe pódese ler o artigo.

2 comentarios:

José Luis Fernández Díaz dijo...

Agradezo o seu comentario. Tenha em conta que se emprega-se outra norma vostede nom repararia em ler este artigo. Por outra parte, o empregar nh e lh e respeitar a etimología das palabras é um ejercicio de loita pola unidade da lingua. Lembre vostede cantas veces mudou a RAG de norma?.
Finalmente, todos os meus artigos estam asinados pessoalmente e nom tenhem nada que ver co parecer do CEG. Outra cousa é que eu sexa um membro máis.
Atentamente

O trabado dijo...

Eu convidolle a que cando escriba un artigo a título persoal, non figure o seu cargo no CEG, xa que da entender que fala en nome dese organismo, ou que representa unha opinión dese organismo. Eu teño este blog como persoa libre, e expoño os meus pensamentos. Ademáis de estar dacordo nas multiples veces que vai mudando a normativa do RAG, non son especialista en Lingua para debater sobre etimoloxía. Se podo decir o que decía un linguista que coñecín: "pódese conducir pola esquerda, pódese conducir pola dereita, pero non se pode conducir coas dúas normativas a vez".
Esta frase non é miña, pero convénceme e comentouma respeto deste debate.
Grazas por participar no blog