Por culpa de Peke estou metido nun mundo de blogs que non me corresponde por formación. A miña formación é de matemático e despois de afeccionado a informática. Chego ós blogs que me abraian pola calidade de escritura e expresión, como son Cesare e DoRViSou.
Supoño que formará parte do destino, cando vivín en Las Palmas, tamén fixen relación co mundo das letras. Algo se pegou, pero sígueme dando traballo o expresarme por escrito con fluidez.
As Canarias (todas as illas que coñezo) me gustan, espero non rematar sen outro ou outros viaxes polas illas, e coñecer outro Sur de Tenerife distinto con DoRViSou. Eu como vivo no norte de España, e vivín no norte das illas, ese sur de cemento que ves de primeiras, non me acaba de convencer. As praias e sobre todo o sol, si que me atraen.
De momento para Cesare, DoRViSou e quen queira velo, outro vídeo do norte da illa, de La Punta del Hidalgo. A música de Karunesh - Monsoon's Dance
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
A Pilar parece unha diva e ti o capitán Tam. ;)
Será que penso vivir nestas illas moitos anos e non teño presa por coñecela. Vou pouco a pouco e palmo a palmo...
Moitas grazas.
Publicar un comentario