martes, 13 de mayo de 2008

Facultade Matemáticas 50 anos

A facultade de matemáticas da Universidade de Santiago cumpre 50 anos que se celebrarán o día 24 de maio. Non son moi nostálxico, pero ante unha chamada dende a organización, pois asistirei os actos. Se queres buscarme, estou na orla virtual que se está a elaborar, en antes e agora. Busca no ano de inicio de carreira 1973.
Por certo, non empezamos a carreira nese ano, empezámolo en xaneiro de 1974, en virtude dun grande ministro de educación de Franco, que quería igualar o ano académico ó ano real. A experiencia durou 3 meses. O feito é que a nosa xeración comezou o curso en xaneiro de 1974 e rematou en xuño de 1978. Ademais non pillabamos repetidores como que formamos unha escasa (número) promoción pero na que hai bos matemáticos e profesionais.

No hay comentarios: