sábado, 23 de febrero de 2008

Agradecementos de vida


Escribía o 31 de xaneiro de 2006, na web da que era webserber, pero que traio agora ó meu recuncho. É unha débeda conmigo e con todo o persoal que me atendeu tan marabilloso e amable que me atendeu
Quero aproveitar este foro para agradecer a todo mundo o seu interese pola miña persoa e a súa preocupación. En momentos complexos e deste tipo de situación tódolos pequenos detalles contan, non quero facer exhaustiva a relación porque sería interminable, que en grupos poderíase reagrupar A Familia (de xeito especial a miña muller, ó meu fillo e a miña irmá), a tódolos amigos, a todo o entorno do Ies As Lagoas, do Baloncesto, de Carballiño e tamén os amigos que quedaron na distancia física e/ou no tempo, os que compoñen para ben e para mal a miña vida (Canarias, Santiago,...)
A esta situación que se pode chegar por moitas variadas situacións que podo resumir en: “unha vida pouco saudable” sempre con escusas para seguir na situación anterior. Teño que agradecer ó destino (en forma de San Martiño, San Antonio, forza da familia, forza dos amigos, forza de vontade, ....) que se dirán tódalas circunstancias axeitadas para que o equipo do Hospital Juan Canalejo fixera o seu traballo con grande profesionalidade e dedicación. En momentos complexos teño que agradecer dun xeito especial ademais da familia que estaba máis próxima, a profesionais como o Doutor Fojoll e a enfermeiras como Adela (Adelita a que estando na UVI prometínlle que escribiría sobre ela), que ademais da súa profesionalidade, amosaron unha humanidade que aumentan as ganas de vivir e alegran momentos tan complexos e delicados, cando estás conectado a máquinas por tódolos lados.
En resumo, gracias a todos, gracias ó destino, seguiremos construíndo vida, e dentro dela seguirei paseniñamente, facendo camiño día a día.
O dia 23 de abril de 2007 completaba
A data de hoxe e despois de case un ano completo incorporado cunha certa normalidade, manteño as palabras sinaladas, pero quero agradecer tamén o equipo de seguemento de trasplantes do Hospital Juan Canalejo, a enfermeira Carmen Naya e as Doctoras Crespo e Paniagua.
Tamén quero agradecer ó meu donante 'anónimo' e a súa familia que deu o seu consentemento nun momento tan complicado cando se morre un ser querido. Quero facer un chamamento a todo o mundo para que podamos donar o que serva para mellorar a saúde doutras persoas, que nalgún caso levan esperando moito tempo por unha donación.
En resumo gracias, gracias e .... gracias.

No hay comentarios: