sábado, 10 de enero de 2009

Neve en Ourense

 


Neve en Ourense
En Ourense o día 9 de xaneiro nevou, non o suficiente para facelo máis bonito.

Cando me levanto pola maña e camiño do instituto collo a cámara para aproveitar estas ocasións. Fixen algunhas fotos, pero cando chegou o recreo, xa non nevaba e non poden facer ningunha máis.

No album encontrarás fotos da anterior nevada en Ourense que foi o 28 de xaneiro de 2006 (estas precisión as da a dixtalización e organización das fotos).

Nesta ocasión nevou menos que na anterior ocasión.

Outro tema é que ahora os capitalinos madrileños expandan os seus problemas a toda España. So existe Madrid, son moitos, pero é pequeno e con “varios gobernos” en poucos metros.

Pero eu faría a reflexión doutro xeito, en España na maioría dos sitios neva pouco ou nada, pois en vez de argallar sistemas comprexos de emerxencia, sería mellor:

  • Un pouco de organización de limpeza
  • E unha grande maioria que se quede na súa casa, limpando o entorno ou disfrutando da ocasión.

Que no sabemos o que queremos, eu queime sin facer fotos, e outro atrapados horas en atascos en Madrid e outros lugares.

1 comentario:

Peke dijo...

Irá moito frío, non?